xoves, 17 de decembro de 2015

Xa vai tardando...

Pérdese a alma polos prados verdes... e laméntase por non ver a choiva

Prado de herba verde

Sinto que a alma se perde
no veludo deste prado.
¡Con esta boa herba verde
verei o gando arrumbado!
Se ten auguiña amorosa
que non deixe de correr,
prado de rega xeitosa
dá herba de bon manter.

Ter gando é ter diñeiro.
A herba verde moito val.
¡Pra mercar este lameiro
xa compre un bon capital!

Terra Chá (1954)

Ningún comentario:

Publicar un comentario