sábado, 31 de xaneiro de 2026

Homenaxe onda o río Madalena

 A carón rairo do río Madalena quedou ubicado o monumento que homenaxea a figura de Pepa Lombao, cacharreira de Bonxe. Manuel María gastou algo da súa pluma en referenciar a laboura do barro nesa parroquia de Outeiro de Rei, en poemas e artigos. Tamén incluíu o cauce fluvial vilalbés entre os seus afectos: 


Poemiña do río Madalena

Madalena é o teu nome,

a palabra que che cadra.
¡O teu nome é Madalena
mais apelídaste Ladra!

De nacencia eres chairego,

villalbés de profesión,
¡a túa fala é a labrega
e galega a túa canción!

Eres craro e cristaíño,

voz sinxela e cantareira,
¡limpo espello que refrexa
a gracia da abidueira...!

Estás feito de cantigas

pois só cantar val a pena.
¡O teu apelido é Ladra
i o teu nome Madalena!

             Terra Chá (1954)