Amosando publicacións coa etiqueta Berro pola liberdade do home. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Berro pola liberdade do home. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de agosto de 2015

O home, esa máquina...

Seguindo na liña de crítica con ton retranqueiro, agora van outros versos do Manuel de Hortas cos que expón os fundamentos da natureza humana:

Berro pola liberdade do home

[...] O home é unha máquina de facer esterco
que vai funcionando de xeito regular,
un trebello un tanto estraño e perfecto
ao que incluso se lle poden poñer,
en caso urxente e necesario,
algunhas pezas usadas de reposto:
ollos, ris, corazón,
sen falar aínda da hivernación futura [...].

Cataventos de neutrós domesticados (1979)