Amosando publicacións coa etiqueta Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Castro. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de maio de 2016

Música dos astros e fala dos luceiros


Aló, no Hospital, o castro de Ar Maior;
o castro de Canivete ao nacente;
o de Lucenza altivo e ben lucente
e o castro de Ares morrendo no solpor.

¿Qué raigañas escuras, qué semente

foi tristura, soño, medo, gromo, flor,
chispa, fogueira, volcán abrasador,
fame de amor urxente e permanente?

Catro castros ergueitos. Catro castros

melancólicos, tristes, silandeiros,
impasíbeis e firmes como mastros.

Arredados estais que non senlleiros:

¡escoitades a música dos astros
e falades co vento e cos luceiros!

        Sonetos ao Val de Quiroga (1988)

domingo, 7 de febreiro de 2016

Feiras

¡Hei de ir á Feira do Monte,
á de Rábade e á de Castro!
¡Hei de ir á Feira do Monte
anque teña que ir de arrastro!

Despois, se o tempo deixa,
a Moimenta irei mercar.
¡Vendín en Vilalba a Teixa,
quedei sen vaca para arar!

¡Hei de ir á Feira do Monte
que é pró domingo que vén!
¡E ti, miña dona, disponte,
que te hei de levar tamén!

Terrá Chá (1954)