Amosando publicacións coa etiqueta Libro de cantigas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libro de cantigas. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de marzo de 2016

Folerpas e coitas de amor

As folerpiñas de neve
van caendo moi livián.
E as rosas anque florecen
un día se murcharán.

As miñas coitas, amiga,
viñeron e non se van:
¡se foran como as floriñas
que un día se murcharán!

Viñeron as miñas coitas
para facerme penar:
tan soio ti, miña amiga,
as podes facer marchar.

Libro de cantigas (1955)

martes, 20 de outubro de 2015

Como un asubío

O poeta de Outeiro de Rei fixo as súas achegas a moitísimos formatos poéticos; neste caso vai unha cantiga trovadoresca, moi próxima ás da lírica galego-portuguesa.

Aló xunto ao río,
miña branca amiga,
heiche dar un bico.

Heiche dar un bico
á beira do río
xunto á auga limpa.

Como un asubío
heiche dar un bico
á beira do río.

Libro de cantigas (1955)