Amosando publicacións coa etiqueta Elexía por un recendo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Elexía por un recendo. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de agosto de 2015

O que da a terra

Elexía por un recendo

Coma en todas as casas de aldea, ata non hai tanto, na casa de Hortas tamén se cocía, como lembra Manuel María nesta composición, sempre atento á cultura material do pobo ao que pertence:

Toda a tribo recendía a pan cocido.
Aquela marabilla espallábase
por cada recuncho, entraba
nos fogares, envolvía ás árbores
e aos froitos, facíase leve nube:
penetrábanos. Tratábase dun rito
que era, á vez, un sacramento.
Sentíase como algo sobrenatural
aboiando o espacio. Nós calábamos.
E respirabamos fondo, compracidos,
para disfroitar de aquela regalía:
fino galano da terra e máis da vida.

As lúcidas lúas do Outono (1986)