luns, 23 de novembro de 2015

Cando o silencio é tebra

Cando o silencio é tebra
e racha o diálogo
cos seres e co mundo,
un vaise baleirando,
quedándose pobriño,
espido, mudo, solitario
deica ser só un oco
por onde entra o vento,
a auga, a neve e a xeada.

A luz resucitada (1984)

Ningún comentario:

Publicar un comentario