luns, 7 de setembro de 2015

A voz que sempre clamou

De seguro que Manuel María estaría apoiando aos que se loitan na rúa ante a inxustiza. Algúns dos versos máis reivindicativos de Manuel María compoñen Aldraxe contra a xistra, que comeza así:

Tiña que ser precisamente eu:
a voz máis feble e cativa
que deu o noso pobo,
a menos autorizada e harmoniosa
a que clame na tebra,
no deserto,
no ermo e no baleiro.

Sobor desta terra vella,
raigaña de onde vimos
dende a orixe do tempo,
lembro a historia dos meus
que sucumbiron ao ferro
dos conqueridores,
ás razóns dos poderosos,
á avaricia dos máis fortes.
A historia do meu país,
as dores da miña matria,
os días do meu pobo
son un suma e sigue,
unha conta aberta
e non saldada [...].

Aldraxe contra a xistra (1973)

Ningún comentario:

Publicar un comentario