martes, 9 de febreiro de 2016

Contemplar o brillo das estrelas

Cando xa estea canso de verdade
e as cousas e o mundo non acendan
en min ningún fervor, quero
deitarme, Outeiro, no teu chao,
contemplar o brillo das estrelas,
o paso das nubes tráxicas e grises
mentres, con todo o meu ser, vou,
moi de vagar, dun xeito lúcido,
facéndome, para sempre, terra túa
e ensumíndome, calado, no teu seo.

Ritual para unha tribo capital de concello (1986)

Ningún comentario:

Publicar un comentario