mércores, 22 de xullo de 2015

A palabra

A materia prima dos poetas, a palabra, tamén foi obxecto de versos do chairego, como podedes ver neste poema onde Manuel María amosa o poder que agocha esta humilde ferramenta en boas mans:

Ode á beleza da palabra

Só a palabra vale. Unicamente
ela ilumina o mundo,
dálle claridade ás cousas
e fai nidia e intelixíbel
a confusa escuridade do noso
ser, mortal e indeciso.
Todo muda. Somentes a palabra
permanece, na súa infinitude,
se leva dentro de si a chama
que un día, queimou, con
lúcida paixón e con verdade,
a desolada flor da nosa vida.

As lúcidas lúas do Outono (1988)

Ningún comentario:

Publicar un comentario