sábado, 18 de xullo de 2015

... O mar, ese rebelde.

A imaxe do mar que ofrece Manuel María no seu "Cántico sereno contra o mar" resulta absolutamente inusitado. Aquí quedan un par das estrofas deste poema: non dubidedes en lelo íntegro, atoparedes unha inédita -e irreverente- proposta nos seus últimas versos...

O mar ten unha voz delgada
como un trebón de inverno
cando o ceo é unha sorrisa
e o fume anda disfrazado
de lebrato galán enardecido.
O corpo do mar é case ar,
un vidro tremelante e opaco
escoando no silencio denso
sedes de infindo apaxarado.

[...] O mar é altamente subversivo,
a súa lei é costume previsíbel,
norma inmutábel e parabólica
esteada nos vellos piares
dunha rutina fatal proselitista
á que ningunha dinamita
foi aínda capaz de estabilizar.
Hai que vixiar ao mar atentamente
para mantelo nos límites precisos [...].

Catavento de neutrós domesticados (1979)


Ningún comentario:

Publicar un comentario