xoves, 16 de xuño de 2016

Saturno

No comezo somentes era a brétema,
a escuridade primeira e elemental
que clareou pouquiño a pouco
facéndose sutil e luminosa.
                                   Entón
foi posbíbel xa ollar a rocha,
a nube, o río, a carqueixa,
a árbore florecida e namorada,
o vento viaxeiro e cantador,
a pinga do orballo e o vagalume.
A xente ollou e comprendeu
a mensaxe cabal do paraíso
e acadou o uso cheo da palabra:
unha música pura e rumorosa
feita, para sempre, luz do mundo,
atenta conciencia vixiante,
fundamento da patria,
da casa erguida en paz
para compartir a vida e o amor,
protexer os soños e os ensoños
e darlle permanencia ao ser do home.
Aquela ollada chea de inocencia,
a maxia e o misterio da linguaxe,
a tarefa común, a beleza da terra,
o imperioso mandato de vivir
ordenaron a tribo e conformárona
baixo o aloumiño tépedo do sol
e o misterioso manto das estrelas [...]

Saturno (1989)

Ningún comentario:

Publicar un comentario