domingo, 17 de xullo de 2016

Oda de agradecemento ao noso tempo

Dou as máis emocionadas,
rendidas e reverentes
gracias aos técnicos,
aos políticos,
aos comerciantes
e aos tecnócratas
por este mundo
tan perfecto
e tan xusto
que me deron.
Agradecido, pois,
pola neveira,
polos pitos de granxa,
polas conservas en lata,
polos campos de fútbol,
polas poluciós atmosféricas,
polo televexo,
polo orde social
- unha periña en doce
e algo máis,-
polos plas de colonización
e desenrolo
e, sobor de todo,
por poñer ao noso alcance
o consumo masivo
de chicle e coca-cola.

Odes nun tempo de paz e alegría (1972)

Ningún comentario:

Publicar un comentario