luns, 18 de xullo de 2016

Sol posuídor


Vrao

O tempo do Vrao é tempo do calor.
O traballo é moito e vai pesando
¡O sol non ten dó do labrador
e queima sen piedade xente e gando!
O sol

No Vrao o sol é chumbo derretido
e cae na terra pouco a pouco.
A terra, co calor, perde o sentido.
¡O sol posúe a terra como un louco!


Terra Chá (1954)


Ningún comentario:

Publicar un comentario