sábado, 8 de agosto de 2015

O mar

Manuel María, era un poeta da chaira, da Terra Chá lucense, de onde procedía por orixe, mais o seu afán de "andar a terra" e o seu ollar atento fixérono tamén cantor dos vales e doutras paisaxes, coma o mar:

¿Que mar é este que, deslumbrado, ollou
como Venus nacía das súas augas?
O seu corpo de deusa, branco e nu,
emocionou á ondas que se fixeron
lenes, doadas, musicais para envolvela
con sonido amoroso, dóciless, fideis cás
que lamberon a súa pele de nácar
con tan alto gozo que era espasmo.
Ditosas ondas: na memoria tedes,
para sempre endexamais, aquel suceso
que mudou totalmente a vosa vida.
¿Dende entón o voso rouco marmurio
é un verso de amor desesperado,
un laio amargo, unha queixa sen fin,
a longuísima e angustiosa agarda [...].
Conmoveuse o mar
dende o mundo subacuático do fondo
deica os libres peixes nadadores.
A auga incendiouse.
E o mar, potente e masculino,
fíxose fogueira de amor, berro incontíbel.

A Primavera de Venus (1993)

Ningún comentario:

Publicar un comentario