luns, 10 de agosto de 2015

Tribo de tebra, vento e cantería

El era ese home que percorría as terras de Galiza coa esperanza de sementar a súa voz niso que somos os galegos/as, tan etéreo como pétreo:

Aínda teño a esperanza

Aínda teño a esperanza de poder
percorrer unha por unha
todas as parroquias de Galiza,
lugares e casais,
andar porta por porta,
dialogar persoa a persoa
face a face,
pois non hai tarefa máis urxente,
fermosa, nidia e necesaria.
Gastarei o meu corpo nos camiños
ata ser po, seixo e silveira.
A miña voz, de tan usada, será
o levísimo eco dun rumor:
só fundamento da semente
que apenas poderá rozar
a intimidade choída dos galegos,
estraña tribo incomprensíbel
feita de tebra, vento e cantería.

Versos do lume e do vagalume (1982)

Ningún comentario:

Publicar un comentario