xoves, 3 de novembro de 2016

Oda ao patrón

O patrón dá a vida
polos seus asalariados,
enxuga o suor
dos seus obreiros,
con eles parte
as súas ganancias,
os dividendos
da súa empresa.
O patrón anda sempre
cos petos baleiros:
dá todo o que ten
xenerosamente
e vai a pé
ao seu traballo.
Para o patrón o obreiro
é como a propia
familia, carne
da súa carne.
O patrón é un irmao,
un pai comprensivo,
preocupado e fraco
porque regala,
sen tasa e sen medida,
todo o seu amor
inmensurábel
aos felices
e afortunados proletarios.

Odes nun tempo de paz e de alegría (1972)

Ningún comentario:

Publicar un comentario