martes, 15 de novembro de 2016

Xeringonza tipical

Ollade esta antroidada: son galegos,
xente do pobo, sinxela e moi normal.
Olládeos, como un fato de borregos,
falando o seu castrapo “tipical”.

Exprésanse nunha estraña xerigonza,
van falando un idioma que non hai.
E senten gran reparo, gran vergonza,
en falar, como é debido, a fala nai.

Ollade aos moi paletos e cretinos
ladrando o seu castrapo por aí,
intentando ser lidos, cultos, finos,
imitando aos “castizos” de Madrí.

Eles, pobres, non poden ser culpados
polo seu idioma, tristeiro e anormal.
A culpa é de quen di: “Sede educados,
que falar en galego está moi mal...”

Canciós do lusco ao fusco (1970)

Ningún comentario:

Publicar un comentario