Amosando publicacións coa etiqueta Oráculos para cavalinhos-do-demo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Oráculos para cavalinhos-do-demo. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de abril de 2016

Ronsel de lonxanías

Intenso alustre súbito e fugaz,
lóstrego feridor,
que rebenta como un xerme
bébedo de azul e claridade
perdéndose no serán
da nosa senlleira melancolía
atormentada.
Cavaliño do demo:
decoras, ilustras e iluminas
os meus ollos cansos e feridos.
Logo foxes. Pero déixasme
o teu fondo ronsel
de breves lonxanías imposíbeis.

Oráculos para cavaliños do demo (1986)


luns, 17 de agosto de 2015

Entre a nada e o infindo

Esta pequena composición, é a número seis da serie "Cavalinho-do-demo", na versión da primeira edición (normativa AGAL)

Nunca tés acougo.
Afirmas-te na vida
e habitas na água,
no junco,
na folha
e na espadana.
És case irreal.
E nom sei se vés
da nada
ou ao infindo vás.

Oráculos para cabalinhos-do-demo (1986)


luns, 27 de xullo de 2015

Máis pingas de luz

Outro pequeno poema da serie que conforma "Os cavalinhos-do-demo" (normativa AGAL):

               3
Cavalinho-do-demo: ninfa
que foche caravel
em jardins subaquáticos.
Laios xurdido á luz
estremecendo
a virginidade
da água saloucante.
Pétalo que vás
sobre as ondas:
navegante solitário
cara as ilhas
incertas da lembrança.

Oráculos para cavalinhos-do-demo (1986)

luns, 13 de xullo de 2015

Pingas de luz...

Un amante da terra é sempre tamén, un naturalista, un ollo atento ao pequenos voadores que fan as noites de verán unha pasarela de minúsculas estrelas en movemento (cítase tal cal apareceu na primeira edición, normativa AGAL).

Cavalinho-do-demo

             1
cavalinho-do-demo:
pinga de luz
cristalizada
em lene sonho,
rumor do siléncio,
calada semente
de páxaro,
assombro do azul
máis delicado,
pura nostalgia,
irreprimível
salouco do orvalho.

Oráculos para cavalinhos-do-demo (1986)