Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de xullo de 2015

E a música?

Tamén a música -ademais da sonoridade- invade a súa obra:

A música

A música
máis fonda,
lene e pura
é o rumor
do voo sutil
das cotovias:
única fala
que de verdade
entende
e conmove
o corazón.

Versos do lume e do vagalume (1982)

mércores, 8 de xullo de 2015

A compañeira

Manuel María facía o camiño a carón dela, e ela ficaba ao súa beira.
Eran o un para a outro. Entre os poemas del adicados á súa dona, teño debilidade por este, tan docemente feito música por Uxía recentemente:

A terra faise en ti,
Saleta, sutileza,
chama apaixoada
e transparente,
levidade de neve,
torrente e forza
de selva poderosa,
música do vento
entre abelairas,
raio máxico de lúa,
murmurio de regueiro,
flor de cerdeira
ou pinga de orballo
emocionada, tremendo
sobre o pálido rubor
da rosa namorada.

Os lonxes do solpor (1993)