|
O Cepelo, TeiS, decembro 2019 |
O Cepelo é o de sempre: rozas, curros,
prados. O regato divide as parroquias de Outeiro de Rei e Robra. O
silencio é amigo e fondo. Pódese ollar a transparencia do aire.
Escoítase a voz dos paxaros inverníos: corvos, aves frías e pegas.
Os seus berros -que non cantos- firen a tarde que semella desangrarse
na luz deste sol esvaecido. Sería maravilloso poder quedar eiquí
horas e horas, escoitando o rumor do regueiro, contemprando as
árbres, fundíndose na limpeza do aire e sobresaltándose cos berros
dos corvos e co grá-grá das pegas. Fainos falla máis contacto coa
natureza e unha meirande familiaridade co silencio -nós que somos
tan faladores- pois xa cáseque non nos coñece. Nin nós a él.
Anaco de "Viaxe sentimental a Outeiro de Rei",
recollido en Andando a Terra, 1990, A Nosa
Terrra
Ningún comentario:
Publicar un comentario