Para
Santos Blanco en Bos Aires
O
meu corazón non está aquí: está nunha terra
tan
lonxana que case se me esquece. Lembro
acotío
o meu país, a terra do meu espírito,
a
patria do meu desacougo o do meu amor,
a
nación da miña coita,
o
berce de canto foi para min soño e arela.
Teño
necesidade de lembrar para non morrer.
Aquí
todo me é alleo: palabras,
xestos
que non son para min,
paisaxes
que non foron feítas para os meus olios,
camiños
polos que non me atrevo a camiñar.
Na
miña patria todo era ledo:
eran
ledos os homes,
a
confianza con que o veciño pausaba a súa mao
sabor
dos teus ombreiros,
o
murmurio dos regatos,
o
traballo de cada día;
a
esperanza forte que, como un carballo, estaba
enraizada
no escuro torrón do noso peito;
incluso
eran ledas as canciós
en
escura tristura sempre acesas.
Aínda
que había causas que non eran, por certo,
nada
ledas: a soldada insuficiente;
a
loita escura, xorda, contra a inseguridade,
contra
a pobreza.
Vale
máis cavilar para non sufrir,
e
non pudrir o sangue.
Hai
que tirar como se poida;
vivir
-sempre vivir- é o que de verdade importa.
Ao
fin de contas un non é de aquí nin de alí:
un
é un emigrante,
unha
fantasma;
unha
cousa que, como unha mercancía,
anda
a a rolar por aí adiante.
Remol (1970)
Ningún comentario:
Publicar un comentario