Hoxe Tino Baz presentou o seu disco 'Si cantan es ti que cantas...' na Casa Museo Manuel María; como evidencia o título, pon música a poemas de Rosalía de Castro. Foi un concerto moi especial. Porén, a súa presenza neste espazo recordoulle o poema 'Verbas a miña nai', de Mar maior, o primeiro texto que musicou do autor chairego. Como ese poema xa está recollido noutra das entradas deste blog, incorporamos xusto o que o antecede nese libro:
...
e palabras lixeiras
que
as leva o vento.
Luís
Pimentel
Verbas
Dicídeme
verbas. As verbas son o acento
máis
humano de toda a entraña
cando
o medo nos cingue
e
o mar naceu nun arrepío.
Entón
o piñeiro é máis lanzal.
E
a abidueira saña co amor e co vento.
Dicídeme
verbas con transparencia de auga.
Verbas
novas como: amigo, saudade, vento,
campana, silencio, e avelaira...
campana, silencio, e avelaira...
Dicídeme
a verba amor lenta
e suave
como
se desfollárades a alma das verbas.
Non
me digades que tal,
que
as verbas non valen:
o
seu corpo de ar, soño e orballo
é
quebradizo como un Maio cheo de luz.
Deixádeme
a min só
coa
tristeza do solpor e das verbas.
Eu
serei distinto,
porque
andarei a falar coas miñas verbas.
Mar maior (1963)
Ningún comentario:
Publicar un comentario