xoves, 16 de decembro de 2021

Ó escultor chairego Víctor Corral

 A túa escultura, pura como a rosa,
con recendo a terra e primaveira:
é un asombro total, unha fogueira,
unha paixón acesa e fervorosa.

A súa nidia verdade temblorosa
ten unha forza fatal e verdadeira,
pois agroma de pedra ou de madeira
como clara fontela misteriosa.
 
Ti fas, Víctor Corral, case da nada,
un mundo necesario de esperanza,
aberto á marabilla inagardada...
 
E sementas en nós, ben sementada,
unha fírgoa de luz e unha inquedanza
de beleza perfecta, alta e sagrada.

Terra Chá (1954) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario