Non podo, Outeiro, tribo de meu,
luz e morte miñas, imaxinarte
sen Saleta. Ela chegou a ti,
olloute. E abriuse ao teu amor.
Ti décheslle o teu asombro puro,
o teu nu latexo emocionado,
a voz comunal das túas campás,
o murmurio litúrxico do Miño
e a prodixiosa canción do merlo
máis xentil e fermoso, que vive
nas altas soidades do Cepelo.
E os tres -Saleta, a tribo e eu-
somos, xa para sempre endexamais,
a terra puro, canal e apaixonada.
Ritual para unha tribo capital de concello (1986)
Hai anos atopei unha cita dunha liss de Manuel Maria no libro de outro autor:
ResponderEliminarOestrimnios,
celta,romanos,suevos e outras xente
descoñecidas conformaron o noso ser,
alcenderon a luz da nosa existence
pobre e triste. ¿De ónde nos víria
esta xorda resiñación desconfiada
e este amor pola morte, contra á vida?...
Poderíades me axudar a atopar o poema ao que pertence