domingo, 19 de xullo de 2015

A amizade

De amicitia

Estamos sempre en nós contra os demais,
contra todos os homes,
contra todos os ventos,
contra todos os lobos,
contra todas as técnicas que fan
do ser humano masa uniforme.
Semellamos pobres, humildes,
indefensas sementes de invernía
que calquera xeadiña murcha e mata.
Unicamente somos nos demais cando
a flor rara e marabillosa da amizade
nos abre, enche a agranda o corazón.

A luz resucitada (1984)


Ningún comentario:

Publicar un comentario