Terra rasa coma a palma
aberta
e núa dunha mao, doada
para os ventos que te
agallopan
tolos, ceibes e veloces.
No horizonte de Martul,
o Cordal de Chinto redondo,
suxerente e femenino faite
soñar con un azul
fantástico,
inconsistente e esvaído
e acénache co fino cendal
das néboas súas. Pro ti
non soubeche nunca se o seu
xesto ambiguo e indeciso
é unha chamada ou un
adeus.
Ritual para unha tribu
capital de concello (1986)
Ningún comentario:
Publicar un comentario