martes, 7 de xullo de 2015

Pequeno latexo para unha balada

Se iniciei esta achega aos versos do Manuel de Hortas cunha composición súa moi popularizada, publicada no xa clásico Terra Chá (1954), e proseguín cun poema de denuncia que exemplifica ben o seu compromiso vital coa realidade do país -publicado en Documentos persoaes, 1958-, hoxe quero deixar na rede un poemiña moi posterior, cheo de lirismo e tenrura. Os grandes poetas nunca deixan de selo.

Baladiña do latexo máis pequeno

Un latexo é unha forza pequeniña
impulso aberto cara á vida
con vontade total de permanencia,
de ser e estar no mundo,
dándolle armonía á creación,
rimo máxico que agroma
en gracia inefábel de beleza:
única e verdadeira razón de canto
existe.
Un latexo sempre é
un acto de amor irrepetíbel.


Compedio de orballos e incertezas (1991)

Ningún comentario:

Publicar un comentario