Lonxe de ser un literato fachendoso que sobrevalora o que escribe, Manuel María non dubida en manifestar que os versos son infinitamente menos transcendentes que a realidade da que falan, e nin por iso desiste no seu afán de creación poética...
... o valor está no feito mesmo da escrita, na paixón que percorre ese camiño de palabras.
Sei o que vale un verso
... o valor está no feito mesmo da escrita, na paixón que percorre ese camiño de palabras.
Sei o que vale un verso
Sei que todos os versos do
mundo
non valen o que vale un
home,
o que vale o berro dolorido
dunha nai,
o bico apaixonado dos
amantes
ou o tenro recendo dunha
flor.
Sei que os versos non valen
pero sigo escribindo sen
parar.
Sigo escribindo con
carraxe,
entusiasmo e paixón
por se acado algo de poesía
‐unha folliña só que
move o vento‐
entre a faramalla das miñas
pobres verbas desnortadas.
Un verso nunca vale
o que vale o chío dun
paxaro,
nin ten a forza dun río
ou o poder arrepiante dunha
bala.
Pero eu sigo fidel,
encadeado
á música amorosa das
palabras.
Remol (1970)
Ningún comentario:
Publicar un comentario