Eu sei que vés da noite e
que non traes
quentura de abondo no teu
corpo,
garnido de nebra e de
latexos.
Xogas coa luz e coas
camelias
e as nubes son para ti coma
unha nai
que che conta mil contos
para arrolarte.
Eu sei que vés da noite.
Na noite brilla o teu corpo
coma un ar novo que ignora
os romanceiros.
¿Que sabes ti dos lirios
e das pombas...?
Nin tan sequera podes
adiviñar
que traes uns coitelos
aguzados
no teu sangue tan feble.
¿Diranche as cousas a súa
música
esencial?
¿Que pensarás ti das
cousas, meu reiciño?
Eu sei que vés da noite e
que a luz
aínda é para ti un pasmo
novo.
Advento (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario