xoves, 23 de xullo de 2015

A escuridade

Non todo é luz, amor e esperanza na poesía deste autor: hai pezas cheas de xenreira, raiba e dor, onde o ton lírico se tinxe de decepción e pesimismo. A esta liña pertencen os seus primeiros libros -encadrados na denominada "Escola da Tebra"-, con composicións como esta:

Poema en carne viva

Olládeme eiquí.
A miña cova é unha amarga nube rachada
con horas de fusís recentes.
E a neve é a miña anguria contada
ás profanaciós das civilizaciós abertas
nun castelo miserábel e fedorento.
Odio infindamente aos catedráticos
enlevitados e serios que teñen
un recendo de arqueoloxía artificial e rutinaria.
A lúa é un vello trebello, podre e noxento,
que amortalla, coa súa palidez de enmascarada
os saloucos dos adolescentes cursis.
A lúa é un vello corazón que non latexa [...]

Morrendo a cada intre, 1952


Ningún comentario:

Publicar un comentario