martes, 14 de xullo de 2015

A lingua

E como non, a lingua. Sempre na defensa da lingua galega, unhas veces con líricos versos de amante, e outras... con áceda burla de quen a maltrata e de quen xustifica priorizar outras linguas e non a súa.
Aquí queda este poemiña na voz de María Manuela e na música do seu compañeiro, Miguel Varela.

Poema do alleado

Son un bilingüista
moi apaixonado,
un colonialista
ben colonizado.
Teño lingua nai,
e unha lingua pai
e unha lingua filla
que marabilla.
... ... ... ... ... ...
Son un alleado
fino e progresista
ben domesticado.
¡Son un castrapista
como está mandado!

Cantos rodados pra alleados e colonizados (1976)


Ningún comentario:

Publicar un comentario