Entre bocado e bocado,
sen saber que está comendo,
ten os ollos e os sentidos
virados ao televexo.
Traballa como unha besta
dezaseis horas arreo
para pagar os prazos
das letras do televexo.
Cando chega polas noites
rebentado como un boi
alcenden o seu televexo
e queda como un pasmón.
Pois o televexo dálle,
según lle oín explicar,
información e cultura
e non sei que cousas máis.
Olládeo coa boca aberta
atento a calquer concurso.
Olládeo tragando anuncios
e devorando programas.
Olládeo sentimental
cando sorrí a locutora:
¡o corazón dalle brincos
como cabra saltadora!
Cando remata a emisión
vai rendido hastra namais
¡E cai na cama pensando
nos programas de mañá!
Canciós do lusco ao fusco (1970)
Ningún comentario:
Publicar un comentario