martes, 26 de xullo de 2016

O territorio da intimidade

Poema á patria

A patria érguese no territorio
da nosa intimidade,
na nación
do noso sentimento colectivo,
aséntase na lembranza das
nosas victorias, esperanzas,
erros, ledicias e derrotas,
mantense
co esforzo popular,
loita, traballo, entrega fidel
e xenerosa.
A patria
faise día-a-día/intre-a-intre,
esforzo
                 a es-for-zo       luíndo
esta nosa fala que temos para
entendernos/com-prender-nos,
na que se dictarán as leises
e se contará a nosa historia
única-Historia-verdadeira,
o idioma común que usamos e
gastamos para escribir cartas,
panfletos, programas e canciós.
A nosa terra aínda non é nosa [...]

Poemas para construír unha patria (1977)

Ningún comentario:

Publicar un comentario