luns, 25 de xullo de 2016

Día da Patria Galega


Día da Patria Galega
o vintecinco de Xulio.
¡Lembramos a Castelao,
a Reboiras e o Medulio!

Os Irmandiños e Bóveda
van no noso corazón
coas inxustizas e aldraxes
que sofre a nosa nación.

Lembramos os emigrantes,
víctimas desa inxustiza
de ter que ir gañar o parn
a moi lonxe de Galiza.
Toda a patria é un tremor
dendes do mar deica a serra.
¡Vai de Tui a Ribadeo
e do Caurel a Fisterra...!

Coa nosa bandeira ao frente
non hemos retroceder.
¡Galia ten que ser ceibe!
¡Temos, irmaos, que vencer!

O vintecinco de Xulio
é a data máis fermosa:
¡Festa nacional galega
e Día da Patria nosa...!

As rúas do vento ceibe (1979)


Ningún comentario:

Publicar un comentario