Estou cego de pulos mortos.
Así que pade polo mundo,
afortunadamente
ninguén se lembrará de min
e ningún poeta
compoñerá unha elexía
-seguramente falsa-
ao meu relembro.
Eu ódiovos a todos:
non teño por que amarvos
porque vós non me destes nada,
nin eu tampouco nada vos pedín.
Vou morrendo pouco a pouco
e a ninguén lle importa
a miña agonía despreciábel.
Non son ninguén e é absurdo
que non queira morrer sen protestar.
Mellor que ser un home é ser
un anaco de luz decapitada.
Elexías á miña vida pequeniña (2004)
Ningún comentario:
Publicar un comentario