A casa
e o seu contorno amurallado,
erguidos
con paciencia e sentidiño,
eran
un mundo antigo e pequeniño
e un
feliz universo desexado...
A casa
e o seu contorno ben cercado,
no que
a vida corría de mansiño,
tiña
a quentura tépeda dun niño
e as
ríxidas fronteiras dun estado.
A
casa: matria, patria, fundamento
do
desacougante drama do existir,
alegre
ás veces e outras tristurento.
A casa
é para nacer, para vivir.
E para
deixarlle en herdo o último alento
cando,
á forza, teñamos que partir.
Sonetos
á Casa de Hortas (1997)
Ningún comentario:
Publicar un comentario