A terra é inocente, pura, inexorábel
mais o seu secreto instinto
obrígaa a elixir
e faise
árbore,
rocha,
nube,
mar, paxaro, peixe ou ser humano.
Cando a terra se pon a soñar
e se conmove
chega, dun xeito fatal e necesario,
a un altísimo grao de lucidez:
a materia vóltase nidia, luminosa
e entón -unicamente entón-
é cando acada a súa máxica
faísca esencial de eternidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario