Donosiña
Breve
lóstrego, cecais
unha
presa de terra,
montonciño
de cinza
ao
que un vento levián
pode
esborrallar
nun
nada e todo.
Eres
a sorpresa,
o
medo minúsculo,
os
ollos que esculcan,
a
leve gracia,
¡ouh
donosiña súpeta,
raioliña
que fuxe!
A
luz resucitada (1984)
Ningún comentario:
Publicar un comentario