Berro solitario e firme de alegría
na friaxe de febreiro
cando a terra se abre
á suxerencia, poderosa e vital,
da primavera. No meu maxín
estás, ouh flor da amendoeira,
co teu peso de verso emocionado
e a túa doce levedade de luz
sen estrear. Limpo os meus
escuros ollos neboentos
para non lixar a túa pureza
inmaculada. E purifico o
meu mancado corazón para
darlle aloxamento á túa brancura.
As lúcidas lúas do Outono (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario