Eu
comunícolle a vostede, Señor Melro,
que
anda a cantar tan ben no silveiral:
a
súa canción, souril e vella,
pon
unha arela de luz no meu sentir.
É
como se en min nacera algún milagre
ou
unha roseira inefábel me apampara
deixándome
estantío.
É
como se unha voz de anxo, tan acesa,
puxera
no corazón tal señardade.
Pero
eu comunícolle a vostede, Señor Melro,
que
non lle diga a ninguén o seu cantar.
Vostede
non ten licencia da Academia
e
non se pode cantar sen máis nin máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario