martes, 27 de setembro de 2016

A colonia


A colonia é unha nación
con riqueza e con cultura
na que o colonizador
emprega sempre mao dura.

A colonia é unha nación
con cultura e con riqueza
á que o colonizador
ten sumida na pobreza.

A colonia é unha nación
ofendida e humillada
á que o colonizador
ten muda e asoballada.

A colonia é unha nación
humillada e ofendida
á que o colonizador
ten atada e oprimida.



A colonia é unha nación
que vai perdendo a conciencia.
¡Desfailla o colonizador
pola propia comenencia!

A colonia é unha nación
que se autoodia a si misma.
¡O que lle impón a metrópole
trae un divino carisma...!

Cavila, neno, e resposta
a esta pregunta, sen máis:
-¿É Galiza nación ceibe
ou é colonia, cecais...?

As rúas do vento ceibe (1979)


Ningún comentario:

Publicar un comentario