luns, 26 de setembro de 2016

Canto á Liberdade


Liberdade,
claridade,
lumieira
que levo erguida
para alumar
e guiar
a miña vida.
Segredo
que gardo con medo,
amor, teimosía
temendo que un día
o seu ben
me sexa roubado,
asasinado
por alguén.

Liberdade,
dura intimidade,
clandestinidade
que, se sae á vida,
é destruída,
esmagada,
borrada
polo despotismo,
o fanatismo,
a intolerancia,
a ignorancia.





Liberdade:
gárdoche fidelidade,
lealtade.
Lume novo
que aqueza ao noso pobo.
Cantar,
paixón
que levo a agromar
no corazón.
Soño belido
endexamais cumprido
ou conquerido.

¿Cando serás verdade,
ouh Liberdade...?

Cantos rodados para alleados e colonizados (1974)

Ningún comentario:

Publicar un comentario