O pasado xoves, en Outeiro de Rei, durante a conmemoración do cabodano do Manuel, houbo unha lembranza tamén para esta escritora vilalbesa, á que o poeta da Casa de Hortas lle adicou esta composición:
Carmiña Prieto Rouco, abidueira,
carpaza florecida, cotovía,
orballeira de luz, voz verdadeira
da Terra Chá senlleira e largacía.
Tiñas forza de mar e de trebón,
sinxeleza de brisa e de luar:
por eso era pura a túa canción
e nos era preciso o teu cantar.
A túa voz de xílgaro e muíño
-tenra, alporizada e amorosa-
era un claro regato pequeniño.
Agora es xa a sombra misteriosa,
cantadora e profunda como o Miño,
recendente e calada como a rosa.
Terra Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario