As rapaciñas da Chaira
son caladas e lanzales:
os ollos cor abelaira,
corpos de vimbios vimbiales.
Teñen gracia e sinxeleza
e unha sutil fermosura.
A Chaira deulles beleza.
A soedade, fondura...
Son mozas de moi bon ver
coa humildade da carpaza.
¡O que percure muller
busque na Chaira rapaza!
Terra Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario