¿Qué cantidade de marabilla
foi precisa para que
se producira este prodixio?
¿Qué dor ou que alegría
sentiu a árbore
cando esta folla
xurdiu á luz de súpeto?
¿Qué lle diría o vento
cando a ollou?
Cando se menea e vibra:
¿qué segredo ou mensaxe
nos quere transmitir?
¿Cómo e de qué xeito
tivo que adelgazar a terra,
rubir árbore enriba, facerse
vidro musical e transparente
e ser delicada folla estremecida?
As lúcidas lúas do Outono (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario