[...] Hei ir de Castro a Abadín e de Begonte a
Cospeito
par ver como os labregos teñen que partir o
peito.
Soio unha estrela por guía.
Irei de Outeiro a Vilalba e de Pol deica Xoibán
pra mirar como os labregos teñen que sudar o
pan.
Soio unha estrela por guía.
Heime de chegar a Bonxe pra ver o barro cocer
dende o abrente do día ós pechos do
anoitecer.
Soio unha estrela por guía.
Achegareime a Sistallo e Cospeito perguntar
polas lendas da Lagoa que acaban de desecar...
Soio unha estrela por guía.
Hei andar a Terra Chá sen esquecer un rincón,
¡ouh terra da miña alma, lume do meu corazón!
Non quero máis compañía:
¡soio unha estrela por guía!
Terra Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario