Para ollarnos sen pó ou lixadura
-comparábel só a unha esterqueira-
temos de acender unha fogueira,
queimar a miseria e a tristura.
O azul, rodeado de brancura,
que se olla tremando na bandeira
é a Terra sen odio nin xenreira
vivindo nun Outono de amargura.
¡Meu povo desvalido e alleado,
labrego, emigrante e proletario,
famento de pan e de Galiza...!
¡Eu pido un futuro ilusionado,
un porvir urxente e necesario
e estalos de ira e de xustiza!
Poemas ao Outono (1977)
Ningún comentario:
Publicar un comentario