domingo, 20 de novembro de 2016

Égloga da soedade máis pequena

Aquela soedade semellaba
un silencio. Distinguíase
polo seu rumor lonxano
de muíño, arquivado
nos lonxes bretemosos
da lembranza e aceso
polos esvaídos ouros
dun solpor que iluminou
a nosa fonda melancolía
máis escura. Era unha
soedade pequeniña: boa
para acompañar esas horas
silandeiras, nas que
unha vaga tenrura envolve
ao noso corazón aterecido.

As lúcidas lúas do Outono (1988)


Ningún comentario:

Publicar un comentario