Astronauta destemido
que guías un foquetón:
¿non escoitas o bruído
do teu propio corazón?
Astronauta silandeiro
que non podes ir despacio:
¿dialogache cun luceiro
no teu viaxe ao espacio?
Ouh astronauta andador,
cando chegaches á lúa:
¿cecais sentiche temor
ap ver a súa terra núa...?
Di, astronauta: ¿qué escoitas
co teu sangue rumoroso
cando te perdes nas roitas
do espacio marabilloso...?
Astronauta, camiñante
dos camiños siderais:
¿hai algo máis importante
que os propios eidos natais?
Ouh astronauta valente:
¡di se non é valentía
estar vivindo coa xente
a vida de cada día...!
As rúas do vento ceibe (1979)
Ningún comentario:
Publicar un comentario